A estudo a creación dun corredor verde en Montealto

O concello ten planeado a creación de corredores verdes na cidade, no que lle toca a Montealto o plan é o seguinte:

…está previsto implementar en Monte Alto ao longo do Camiño do Vixía, que conectaría o parque Carlos Casares co campo de Marte. “O percorrido sobre o que estamos a traballar suporía a creación doutro corredor ecolóxico que partiría da rolda de Monte Alto, pasando pola rúa Suevia e a Verea do Polvorín chegando xa ao campo de Marte. A elección das rúas ten a súa razón de ser. Este trazado iría en paralelo aos accesos a centros educativos como o Víctor López Seoane e á escola infantil Luís Seoane, tamén á praza dos Avós e ao centro cívico do barrio; é dicir, espazos públicos ao aire libre, espazos de lecer ou equipamentos de usos múltiples “…

Máis info no seguinte enlace:

https://www.coruna.gal/web/gl/detalle/a-agra-do-orzan-monte-alto-e-sagrada-familia-entre-os-barrios-nos-que-o-concello-preve-a-creacion/suceso/1453887865930

About The Author