O Concello elixe o proxecto gañador do concurso para a rehabilitación do mercado e a praza de Monte Alto

Según informan desde el Concello, ya se ha decidido cuál es el proyecto ganador para realizar la reforma de la plaza de Monte Alto, a continuación un copiar&pegar de la web del Concello de A Coruña:

O concurso de ideas que serviu de base para desenvolver a rehabilitación do mercado e a praza de Monte Alto vén de resolverse coa elección do proxecto gañador deste proceso, unha proposta co lema ‘Troco’, presentada polo arquitecto Alejandro Álvarez Blanco. Trátase, como expón o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela -que exerceu como presidente do xurado-, do proxecto «que mellor responde ás ideas que se recollían no prego». Como fai notar, o xurado valorou da proposta gañadora a súa visión para reducir a escaseza e mellorar a calidade dos espazos libres en Monte Alto, que, como indica Varela, «é un barrio cunha importante necesidade de espazo público». «Trátase do proxecto que máis espazo liberaba e mellor conectaba o espazo público nesa zona, xerando unha gran superficie pública ampla, que crea unha nova prestación no barrio que ata o de agora non existía, na liña coa rehabilitación que se fixo no seu momento no  Campo da Leña. Monte Alto terá na zona superior a súa gran praza», valora o concelleiro.

O próximo paso, unha vez coñecido o fallo, será que o xurado emita a acta coas súas consideración e, a partir dese momento, iniciarase un traballo para a definición do proxecto que, como sinala Varela, se realizará en coordinación cos servizos municipais, de maneira que o proxecto, orzamentado en case 3,8 millóns de euros,  poida estar redactado na segunda metade deste ano e a obra poida comezar o que vén.

Reply